A compañía de circo Amontonados Por Azar aterriza en Barbadás

OurenseXa
O Parque dos Patos da Valenzá acollerá esta noite o espectáculo 'H2Olga'
Imaxe da compañía de circo Amontonados Por el Azar
Imaxe da compañía de circo Amontonados Por el Azar
4 Xul 2024

A compañía de circo Amontonados Por Azar chega este xoves ao Concello de Barbadás para presentar o seu  espectáculo 'H2Olga'. A función terá lugra ás 21.00 horas no Parque dos Patos da Valenzá.

Sinopse

Tres personaxes buscan a solución aos seus defectos nunha botica abandonada no medio da rúa. Mesturando diferentes substancias, xerarán situacións disparatadas e cheas de destrezas circenses, que lles farán darse conta de que ás veces o que un pensa que son defectos en realidade poden ser virtudes. Un espectáculo que combina a actuación coas acrobacias máis asombrosas para divertir e sorprender á xente máis moza e á máis maior.

0.14646601676941