A compañía Pedras e Cartón leva o seu espectáculo 'Quixote' a Barbadás

OurenseXa
A peza está dirixida a mairores de catro anos , que gozarán dun espectáculo de comedia a partir das 21.00 horas no Parque dos Patos da Valenzá
Espectáculo 'Quixote' da compañía Pedras e Cartón
8 Ago 2024

A programación Cultural de Verán do Concello de Barbadás continúa durante todo o mes de agosto con espectáculos para todos os públicos. Este xoves, 8 de agosto, ás 21.00 horas, a compañía teatral Pedras e Cartón presentará o seu espectáculo 'Quixote' no Parque dos Patos da Valenzá. A obra, dirixida a público de máis de catro anos, comezará ás 21.00 horas e terá unha duración de 50 minutos.

Sinopsis

Cunha estética inspirada no pallaso clásico (moi ao estilo Fellini) e en clave de clown, traballa as escenas máis icónicas da novela, da relación antagónica entre Quixote e o seu fiel escudeiro Sancho. Nunha proposta chea de humor e case sen palabras, Don Quixote viaxa polas terras de Castela no seu velocípedo acompañado do fiel Sancho e un triciclo cargado de maletas.

0.10276818275452