A Deputación colabora cunha iniciativa cultural para poñer en valor aos autores ourensáns

OurenseXa
Ourense acollerá unha mostra centrada na influencia de figuras como Otero Pedrayo, Eduardo Blanco Amor e Carlos Casares na historia da editorial Galaxia
presentacion-mostra-galaxia-ourense
Presentación da mostra “Espazos literarios e autores ourensáns en Editorial Galaxia 75 anos despois”
18 Jan 2025

A Deputación de Ourense colabora coa editorial Galaxia na programación dunha exposición centrada na influencia de figuras como Otero Pedrayo, Eduardo Blanco Amor e Carlos Casares na historia desta editorial. A mostra enmárcase dentro das actividades máis destacadas que Galaxia promoverá durante 2025 polo seu 75 aniversario, baixo o lema “Crear porvir”. Así se anunciou durante a presentación do programa de actividades deste LXXXV aniversario, que se celebrou no hotel Ciudad de Vigo.

O director da área de Cultura da Deputación de Ourense, Marcos Vázquez, participou no evento literario, poñendo en valor o compromiso da institución ourensá con iniciativas coma esta, que reafirman a cultura como sinal de identidade da provincia.

O programa conmemorativo de Galaxia, que inclúe máis de sesenta iniciativas ao longo de 2025, estrutúrase arredor de exposicións, foros de debate, premios literarios, producións audiovisuais e eventos dirixidos a todos os públicos. Así, o protagonismo de Ourense será coa mostra “Espazos literarios e autores ourensáns en Editorial Galaxia 75 anos despois”.

A previsión é que entre os meses de abril e maio poida verse no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

0.16267108917236