A Deputación de Ourense e o Clúster de Turismo de Galicia reforzan a súa colaboración

OurenseXa
Nun encontro de traballo, ambos organismos acordaron reforzar as liñas de cooperación en materia de promoción turística
deputacion-ourense-cluster-turismo
Cesáreo González Pardal e Luis Menor
15 Apr 2025

O presidente da Deputación, Luis Menor, recibiu no Pazo Provincial ao presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo González Pardal, no marco dos encontros de traballo que o presidente da institución ourensá mantén con representantes de entidades e colectivos vinculados á provincia.

Menor e Pardal analizaron a situación do sector turístico galego e ourensán. Neste sentido, presidente do Clúster explicou que o turismo en Galicia representa xa o 12% do Produto Interior Bruto (PIB) e a comunidade autónoma recibiu máis de oito millóns de viaxeiros en 2024. “Estas cifras acreditan a eficacia do Clúster coma un instrumento estratéxico na planificación e dinamización do turismo”, valorou o presidente da Deputación.

No encontro de traballo, acordaron reforzar as liñas de cooperación en materia de promoción turística. Luis Menor puxo en valor as “singularidades” que ofrece a provincia e o AVE coma un deses factores diferenciais “para seguir incrementando o número de turistas”.

O presidente provincial destaca o turismo como un dos “eixes fundamentais” do seu mandato, poñendo en valor a “cooperación público-privada” como unha das sinerxias estratéxicas para impulsar proxectos.

O Clúster de Turismo de Galicia representa a 7.500 empresas a través de 64 asociacións de turismo, repartidas por todo o territorio galego.

⚙ Configurar cookies
0.16073393821716