A Deputación de Ourense presta aos concellos servizos de cooperación a través das brigadas

OurenseXa
O custo para a Deputación de estas actuacións ascende aos 146.417,75 euros, e o tempo de dedicación do persoal provincial corresponde a 122 días hábiles
Brigadas-Ourense
16 Ago 2024

A Deputación de Ourense vén prestando aos concellos da provincia servizos de cooperación mediante a utilización das brigadas da Área de Infraestruturas e da maquinaria do parque para atender á reparación de vías municipais e doutras obras ou servizos de competencia municipal.

Neste primeiro semestre do ano 2024, estas brigadas traballaron nas redes municipais de 15 concellos da provincia: Pontedeva, Vilamarín, Cenlle, Coles, Melón, Amoeiro, O Pereiro de Aguiar, Manzaneda, Cualedro, Lobios, Monterrei, Bande, Vilar de Barrio, Rairiz de Veiga e no Concello de Taboadela en dúas ocasións.

Das 16 peticións atendidas, 15 solicitaban melloras no arranxo de estradas mediante bacheos, regularizacións e/ou dobre tratamento superficial, e unha actuación era de mellora na sinalización vertical.

O custo para a Deputación de estas actuacións ascende aos 146.417,75 euros, e o tempo de dedicación do persoal provincial corresponde a 122 días hábiles.

A través desta fórmula de cooperación, a Deputación pon a disposición dos concellos da provincia o traballo de persoal e a maquinaria, mentres que os concellos deben asumir o custo dos materiais necesarios para a execución desas obras.

Ademais, cabe lembrar que as brigadas da Deputación encárganse da conservación da rede viaria provincial, polo que este servizo de cooperación que se presta aos concellos non pode interferir no mantemento adecuado da rede provincial.

0.21242713928223