A Deputación destaca o labor de Proxecto Home como “reflexo do mellor da sociedade”

OurenseXa
Proxecto Home céntrase na rehabilitación e na reinserción social de persoas con problemas de adiccións como a drogodependencia, o alcoholismo ou a ludopatía, e conta co apoio da institución provincial
luis-menor-proxecto-home
Luis Menor visita Proxecto Home
6 May 2025

O presidente provincial, Luis Menor, visitou as instalacións de Proxecto Home no Pazo de Guizamonde, onde puxo en valor o labor dun programa “que reflexa o mellor da sociedade” e que xurdiu nunha época na que “axudou a moitas familias que non podían pagar tratamentos custosos”. Menor, acompañado pola deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres e o director da área de Benestar da Deputación, José Juan Cerdeira, percorreu as instalacións da man da directora de Proxecto Home Galicia, Ofelia Debén, así como membros do equipo e usuarios do centro.

Menor escoitou as experiencias persoais de varios usuarios de Proxecto Home, aos que felicitou “por crer en vós para saír de situacións de complexidade”.

“A nosa primeira inversión sempre serán as persoas”, subliñou Menor durante a visita institucional. A Deputación de Ourense, no seu compromiso coa área social, mantén liñas de cooperación estratéxicas con entidades como Proxecto Home. Neste sentido, a Fundación Monte do Gozo, promotora de Proxecto Home en Galicia, recibiu por parte da Deputación 20.000 euros no ano 2024 para gastos de funcionamento. Ademais, a recente modificación de crédito aprobada no pleno ordinario do mes de abril, contemplou 25.000 euros de axuda para Proxecto Home.

Pola súa banda, a directora de Proxecto Home, Ofelia Debén, agradeceu a visita do presidente da Deputación para “compartir sentimento, ilusión e responsabilidade de colaborar” co programa.

Referentes da rehabilitación e a reinserción

Proxecto Home céntrase na rehabilitación e na reinserción social de persoas con problemas de adiccións como a drogodependencia, o alcoholismo ou a ludopatía.

En Ourense, a asociación conta cun centro situado no Pazo de Guizamonde, aínda que tamén xestiona unha comunidade terapéutica intrapenitenciaria na prisión provincial do Pereiro de Aguiar.

Este programa, que ten unha traxectoria de máis de 20 anos, atendeu a máis de 860 internos.

⚙ Configurar cookies
0.15824699401855