A Deputación reforza a cooperación institucional coas infraestruturas deportivas da provincia
OurenseXa
Luis Menor e José Ramón Lete mantiveron unha reunión de traballo no despacho do Pazo Provincial para reafirmar o reforzo da cooperación institucional a prol das infraestruturas deportivas
Luis Menor e José Ramón Lete
5 Nov 2024
O presidente da Deputación e o secretario xeral para o Deporte, Luis Menor e José Ramón Lete, respectivamente, mantiveron unha reunión de traballo no despacho do Pazo Provincial, onde reafirmaron o reforzo da cooperación institucional a prol das infraestruturas deportivas da provincia.
Ademáis de analizar a situación do tecido deportivo provincial, tamén analizaron os próximos avances con respecto ao Parque Acuático de Monterrei e as fases que proximamente se licitarán para completar esta importante dotación deportiva e de ocio na provincia.