A EASD Antonio Faílde acolle unha charla da fotógrafa Isabel Muñoz
A fotógrafa Isabel Muñoz estará este venres, 5 de abril, ás 12:00 horas na Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde, para falar sobre a súa obra.
O evento está organizado pola Área de Fotografía da EASD Antonio Faílde. A entrada é libre ata completar o aforo.
Adicará unha parte importante da súa exposición aos seus proxectos máis recentes como "Somos agua" (2021) no que expresa a súa preocupación pola natureza e a contaminación dos nosos mares e océanos e "Origen" (2023), unha investigación sobre as orixes da humanidade.
Sobre Isabel Muñoz
Isabel Muñoz é unha das fotógrafas máis destacadas da escena contemporánea. A súa paixón polo corpo humano como forma de achegamento á complexidade da persoa, a súa mirada ao través de distintas culturas e o seu compromiso social fan dela un referente na fotografía actual. Tamén destaca o seu desenvolvemento da técnica da platinotipia e do gran formato para reforzar o seu discurso.
Desde 2022 é Académica da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Ao longo da súa traxectoria recibíu premios tan prestixiosos como o Premio Nacional de Fotografía en 2016, o World Press Photo en 1999 e por segunda vez no 2004 e a Medalla al Mérito de las Bellas Artes, entre outros galardóns.
A súa obra está presente nas principais coleccións, entre elas o MNAC Reina Sofía, o Museo do Prado ou a Maison Européene de la Photographie en París.