A exposición ‘Cartografías Arnoia’ pode visitarse en Allariz ata o 24 de novembro
OurenseXa
A mostra está aberta ao público na Fundación Vicente Risco
Fundación Vicente Risco
17 Nov 2024
A exposición ‘Cartografías Arnoia’ poderá visitarse na Fundación Vicente Risco de Allariz ata o vindeiro domingo, 24 de novembro.
A mostra ofrece unha experiencia artística que explora a conexión entre a arte e a natureza. A través das obras de 10 artistas galegos e galegas, algún deles veciños de Allariz, os asistentes poderán descubrir interpretacións únicas do río Arnoia e da súa contorna natural.
Os artistas participantes nesta mostra son Fruela Alonso, Xosé Luis Álvarez, María, Xosé Ares, Carmen Blanco, Ramón Casanova, Natalia Castañeda, Dolores Gálvez, Sara Gimeno, Luisa Méndez e Belén Pinto.