A Feira de Ourense celebrarase o Xoves Santo

A vindeira feira ordinaria de Ourense terá lugar o propio día 17 de abril, Xoves Santo. Habitualmente, cando o día da feira coincide cun festivo trasládase para o seguinte día hábil, mais neste caso preferiuse esta data, como comezo da ponte. Trátase dunha demanda dos comerciantes para aproveitar a festividade, explican dende o Concello.
A feira celébrase os días 7, 17 y 26 de cada mes, con decenas de postos de roupa, artesanía, cerámica, alimentación, etc., ofrecendo un gran número de produtos no leito do Barbaña e na contorna da Alameda.