A Fiscalía de Ourense presenta unha denuncia no Xulgado polo caso dos audios de Jácome

OurenseXa
Os feitos investigados coñecíanse fai xusto un ano, no transcorrer das eleccións locais de maio de 2023
jácome
Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense
12 Jun 2024

A Fiscalía Provincial de Ourense vén de presentar unha denuncia no Xulgado polo caso dos audios do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, logo de que o Ministerio Fiscal esgotase as súas indagacións. Os feitos investigados coñecíanse fai xusto un ano, no transcorrer das eleccións locais de maio de 2023.

Ante esta nova, os socialistas do Concello de Ourense lamentan que a cidadanía teña que atoparse ante outra nova que perxudica a credibilidade da institución e “afecta de maneira negativa ao alcalde” da urbe e ao executivo municipal.

Neste senso, e en consonancia co traballo que levan realizado dende a oposición ao longo deste primeiro ano de mandato e nas últimas semanas, sinalan que a situación precisa dunha resposta. “A nosa experiencia dinos que a Xustiza non debe ser a que altere a vontade democrática e a que condicione a un goberno. Por iso, dende o grupo do PSdeG consideramos que Ourense precisa unha solución política. Porque a política se soluciona con política”, defende a edil e tamén secretaria de Función Pública e Xustiza da CENG.

“Queremos expresar, por suposto, o máximo respecto ás decisións e aos tempos da Xustiza ante estes graves feitos. Pero queremos lembrar, así mesmo, que o único xeito de poñer fin a esta situación é cunha resposta que estea a altura das circunstancias”, remata contundente.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18815898895264