A Fundación Curros Enríquez aumenta o seu programa de actividades para este outono
A Fundación Curros Enríquez vén de anunciar todas as actividades culturais que desenvolverá durante o inverno na vila Celanova. Como novidade, este outono incorporará unha visita cultural por Celanova como unha actividade habitual da Fundación. Esta visita será un percorrido pola vila onde se falará de literatura, historia, cine e arquitectura e que incluirá a visita á Casa dos poetas e o acompañamento polos espazos de uso civil no mosteiro que teñan dispoñible o acceso en cada xornada concreta. Entre estes espazos escollerase dependendo da xornada: o claustro do IES Celanova e a súa biblioteca, a Torre das Campás, a lareira do mosteiro e a aula onde se rodou a serie “A desorde que deixas”. Esta visita poderase realizar os mércores, xoves e venres ás 16.00 horas e os sábados ás 11.00 horas, preferiblemente previa reserva.
Horarios de inverno
A partir de outubro, os espazos atendidos por persoal da Fundación Curros Enríquez, como son a Casa dos Poetas e a Torre da Homenaxe en Vilanova dos Infantes, comezan o horario de inverno.
A Casa dos Poetas poderá ser visitada de martes a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 e os sábados de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00.
A Torre medieval de Vilanova dos Infantes cumprirá o seguinte horario: sábados, domingo e festivos de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00. Desde a torre partirán as visitas guiadas polo conxunto medieval de Vilanova dos Infantes que ademais de incluír ó acceso á propia torre ofrecen un percorrido guiado polas rúas da vila ata a Cova de San Vivián, onde tamén se atopa a sala etnográfica dos zapateiros. As visitas realizaranse nos días de apertura da torre nos seguintes horarios: 11.00 e 16:30. En previsión de que se poidan producir cambios que afecten ó servizo de visitas recomendase realizar unha reserva previa na Fundación Curros Enríquez a través do número 646026421 para as visitas a Vilanova dos Infantes.
A Torre das Campás, que poderá visitarse de mércores a venres ás 12.00 e ás 17:00 reservando no 646026421 e as ofrecidas no Mosteiro de San Salvador polo Concello de Celanova e que parten desde a oficina de turismo.