A Furgoteca regresará esta semana aos concellos de Quintela de Leirado e Ramirás

O luns, 24 de febreiro, percorrerá as parroquias e lugares de Ramirás, e o venres, 27 de febreiro, desprazarase a Quintela de Leirado
A Furgoteca
23 Feb 2025

A Furgoteca pasará esta semana polos concellos de Quintela de Leirado e Ramirás, dentro do seu percorrido de 2025, que tamén abrangue os concellos de Lobeira, Muíños, Padrenda, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus e Verea, que suman, xunto cos antes mencionado, 11.233 habitantes.

Pola súa banda, este luns 24 de febreiro, a Furgoteca chegará a Ramirás, onde fará un total de sete paradas entre as 10.30 e as 17.00 horas. Así, a Furgoteca visitará O Viso, o CEIP Rogelio García Yáñez, o Mosterio (Residencia), Penosiños, Escudeiros e Vilavidal.

Posteriormente, o xoves 27 de febreiro, a Furgoteca chegará a Quintela de Leirado entre as 10.15 e as 13.00 horas, pasando polo Souto, a Praza do Concello, o Campo da Festa e a Igrexa de Mociños.

As rutas de A Furgoteca viaxan dúas veces ao mes a cada un dos concellos participantes, de maneira que se asenta un dos días nas localizacións con maior afluencia de público, xa sexan feiras, mercados, centros de saúde, pavillóns de deporte ou centros socioculturais. Na outra xornada achéganse ás aldeas para ofrecer unha atención máis personalizada.

⚙ Configurar cookies
0.69412207603455