A III Feira Bio chega este sábado a Celanova

OurenseXa
A terceira edición da Feira Bio regresa a Celanova por terceiro ano consecutivo este sábado, 12 de outubro, para promover a venda de produtos de proximidade.
tomates-recurso
11 Out 2024

A terceira edición da Feira Bio regresa a Celanova por terceiro ano consecutivo este sábado, 12 de outubro, para promover a venda de produtos de proximidade.

A xornada contará cun mercado de produtos da horta así como un gran mercado de segunda man para promover a economía circular entre a veciñanza. Ambos estarán abertos entre as 10.00 e as 20.00 horas.

Ademais, como novidade deste ano, o Concello de Celanova organiza a primeira andaina cultural 'Sábeme a Celanova', onde os asistentes poderán coñecer de cerca o patrimonio cultural da vila, pasando pola Capela de San Miguel, o Claustro Barrco, o Monte da Cruz, Castromao, a Torre de Vilanova, a Capela da Virxe do Cristal e a Igrexa do Cristal. A andaina sairá ás 10.15 horas da rúa Emilia Pardo Barzán.

0.079386949539185