A mostra 'Simultánea' chega a Ourense cunha selección de obras de trinta e nove artistas ourensáns

OurenseXa
Entre os artistas presentes nesta mostra atópanse nomes como Castelao, María Antonia Dans, Serafín Avendaño, Pamen Pereira, Manolo Paz, e os vinculados a Ourense como Prego, Xaime Quessada, Antonio Quesada ou Virxilio
Presentación de 'Simultánea'
9 Out 2024

O proxecto ‘Simultánea’ poderá visitarse en Ourense a partir deste mércores, 9 de outubro, e ata vindeiro 25 de xaneiro. ‘Simultánea’ é un proxecto expositivo da Colección de Arte de Afundación, que achegará ao público un total de 350 obras de máis de 200 artistas galegos ou vencellados a Galicia nos últimos 200 anos, e que chegará ao mesmo tempo a todas as sedes de Afundación en A Coruña, Ourense, Lugo, Pontevedra, Ferrol, Vigo e Santiago de Compostela, cada unha con unha temática distinta.

‘Simultánea’ chega para conmemorar o décimo aniversario de Afundación, e ofrece unha mirada multidisciplinar á Colección de Arte de Afundación, que reúne fotografía, pintura, escultura e videoarte. A mostra aborda a pluralidade das artes plásticas onde o romanticismo, o impresionismo, o rexionalismo, a irrupción das vangardas ou as novas linguaxes de arte contemporánea, entre outras moitas propostas.

Ourense acollerá o capítulo 'Espazo aberto e natureza'. A Sede de Afundación en Ourense albergará aquelas obras nas que a arte centra a súa mirada sobre a natureza con pezas que mostran tanto a impresión da orografía como a expresión daquilo que os artistas senten fronte ao mundo natural. Entre os trinta e nove artistas presentes nesta mostra atópanse nomes como Castelao, María Antonia Dans, Serafín Avendaño, Pamen Pereira, Manolo Paz, e os vinculados a Ourense como Prego, Xaime Quessada, Antonio Quesada ou Virxilio.

0.10656595230103