A nova edición de 'Cromática' poderá visitarse ata setembro na Sala Valente

OurenseXa
A cita reúne cada ano as obras artistas novos tanto do panorama galego como a nivel internacional
Inauguración de Cromática 2024
12 Xul 2024

Crómática é a cita bienal de pintura nova que a Fundación Cum Laude organiza en Ourense e que, este 2024, festexa a súa oitava edición. O obxectivo desta mostra é dar a coñecer o obra de pintores novos que terán a oportunidade de exponer os seus traballos no centro cultural José Ángel Valente ata o vindeiro 14 de setembro.

A cita reúne cada ano as obras de diversos artistas de entre 18 e 35 anos tanto do panorama galego como a nivel internacional e consolídase como unha cita de referencia na programación cultural da cidade. Os asistentes terán a oportunidade de votar o premio do público ata o 10 de setembro.

0.20180296897888