A orquestra de cámara Gonçal Comellas actuará en Ourense o vindeiro 6 de abril
O Teatro Principal de Ourense acollerá o vindeiro sábado 6 de abril ás 20.00 horas o concerto da orquestra de cámara Gonçal Comellas.
Aglutinada á contorna de Gonçal Comellas, a orquestra de cámara que leva o seu nome está formada por mozos e excelentes profesionais que xa deron probas da súa categoría noutras formacións.
A Orquesta de Cámara Gonçal Comellas conta no seu historial cun gran número de actuacións por toda a xeografía española, Kursaal de San Sebastián, o Palacio Euskaldún de Bilbao, Auditorio de Zaragoza, O Liceo, O Palau da Música de Barcelona, actuou en Italia Realizou unha xira de concertos por Alemania con actuacións en Stuttgart e Múnich onde foi longamente eloxiada pola crítica como "unha das mellores orquestras da península ibérica", "virtuosismo e técnica impecables". Colaboraron solistas moi relevantes: J.P. Rampal, Alba Ventura, Josep Colom, Montserrat Caballé, Josep Carreras, Boris Belkin etc.