A ourensá Luzía Piñero é recibida no Concello tras proclamarse campioa galega de boxeo neoprofesional

OurenseXa
Este éxito, acadado o pasado 14 de marzo en Pontevedra, súmase á súa actual condición de campioa galega na categoría amateur
recepcion-lucia-piñeiro-concello-ourense
25 Mar 2026

A boxeadora ourensá, Luzía Piñero, foi reibida esta mañá no salón de plenos polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, tras proclamarse campioa galega neoprofesional, e ao seu adestrador, Manuel Míguez, do club Turbo box.

“É unha honra recibir aquí unha campioa galega de boxeo, polo difícil que é obter o título nun deporte olímpico como este, pola competencia que hai” asegurou o rexedor, que felicitou á deportista por este importante logro e puxo en valor o traballo de Piñero e Míguez, na promoción deste deporte. Ambos, destaca, “están a facer unha canteira tremenda aquí en Ourense” lembrando que a cidade sempre destacou en disciplinas como o kickboxing ou o full contact, e que agora o boxeo tamén conta cun espazo de referencia grazas ao traballo deste ximnasio situado na rúa Arturo Pérez Serantes, que conta con máis de 250 licenzas federativas.

Luzía Piñero obtivo o título galego neoprofesional o pasado 14 de marzo en Pontevedra, nun torneo disputado a cinco asaltos de dous minutos. Este éxito súmase á súa actual condición de campioa galega na categoría amateur. Precisamente o seu próximo reto deportivo será o vindeiro 10 de abril, nunha nova edición do galego amateur, onde buscará a clasificación para o Campionato de España.

0.49301695823669