A Piñata Celanova 2025 será o 8 de marzo

Celanova prepara para este 2025 unha nova edición da súa tradicional Piñata, que terá lugar os días 3 e 8 de marzo de 2025. O evento contará con diversas actividades para todos os públicos, desde os máis pequenos ata os adultos.
O programa dará comezo o 3 de febreiro co Entroido Pequeno, que incluirá inchables para os nenos a partir das 16:30 horas no Pavillón Pedra da Moa, un espazo destinado ao lecer e a diversión das familias.
Ás 20:00 horas, na Praza Cervantes, arrancará o esperado karaoke Celanova Xou. Todos aqueles que queiran participar poderán inscribirse na Oficina de Turismo ou chamar ao teléfono 604 037 871, de martes a venres de 10:00 horas a 14:00 horas. Os participantes teñen a oportunidade de subirse ao escenario disfrazados do seu cantante ou grupo favorito e optar ao premio ao mellor intérprete.
O 8 de marzo será o Desfile de Piñata, que partirá ás 17:00 horas dende o centro de Celanova, percorrendo as principais rúas da vila. A charanga Os Roquiños será a encargada de abrir o desfile, achegando ritmo e animación a toda a xente.
Xa á noite, desde as 20:00 horas, a Praza Maior será o escenario da actuación do DJ Imcodee, e ás 21:30 horas dará inicio o concerto da orquestra Los Players, que porá música e baile ao entroido. O evento rematará ás 23:00 horas coa Entrega de Premios aos mellores disfraces e participacións nas actividades.