A Ponte Romana de Ourense iluminarase para conmemorar o Día Mundial da Hemofilia
OurenseXa
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas
Ponte Romana, Ourense
15 Abr 2024
O 17 de abril conmemórase o Día Mundial da Hemofilia. Dende a Asociación Galega de Hemofilia (AGADHEMO), entidade membro de COGAMI, levarán a cabo unha campaña de visibilización coa iluminación de edificios públicos para sensibilizar sobre unha doenza que en Galicia supera a cifra de 300 persoas afectadas, 3.000 no Estado Español.
En Ourense, o edificio escollido será a Ponte Romana, que iluminarase tras o solpor.