A Praza da Trinidade acollerá a nova sede da Oficina de Rehabilitación de Ourense

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá o proxecto de execución para a rehabilitación dun edificio na Praza da Trindade, número 5, que será destinado a acoller a nova sede da Oficina de Rehabilitación do conxunto histórico da cidade.
No acordo, a xunta local aproba tamén iniciar o expediente de contratación das obras. O proxecto, redactado por arquitectos municipais, ten un orzamento base de licitación de 962.497,21 euros.