A Praza da Trinidade acollerá a nova sede da Oficina de Rehabilitación de Ourense

OurenseXa
O Concello vén de aprobar o proxecto de reforma dun edificio na Praza da Trindade, que será sede da Oficina de Rehabilitación, cun orzamento inicial de máis de 900.000 euros
praza-da-trinidade
Praza da Trinidade, Ourense
Redacción Ourensexa
26 abr 2024

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá o proxecto de execución para a rehabilitación dun edificio na Praza da Trindade, número 5, que será destinado a acoller a nova sede da Oficina de Rehabilitación do conxunto histórico da cidade.

No acordo, a xunta local aproba tamén iniciar o expediente de contratación das obras. O proxecto, redactado por arquitectos municipais, ten un orzamento base de licitación de 962.497,21 euros.