A Praza do Correxidor permanecerá pechada ao tráfico ata o 17 de maio

O Concello de Ourense vén de informar de que a partir deste martes, 7 de maio, e ata o vindeiro 17 de maio, a Praza do Correxidor permanecerá pechada ao tráfico por obras. Os cortes afectan tamén ao tramo que conecta coa rúa San Francisco. Os traballos consistirán no arranxo do enlosado de pedra da estrada.
Os cidadáns poderán consultar o estado das obras e outras incidencias de tráfico a través da plataforma GISou posta en marcha polo Concello.