A Praza do Correxidor permanecerá pechada ao tráfico ata o 17 de maio

OurenseXa
Con motivo das obras para o arranxo do enlosado de pedra da estrada a praza permanecerá pechada ao tráfico desde este martes
obras-correxidor
Obras na Praza do Correxidor, Ourense
7 may 2024

O Concello de Ourense vén de informar de que a partir deste martes, 7 de maio, e ata o vindeiro 17 de maio, a Praza do Correxidor permanecerá pechada ao tráfico por obras. Os cortes afectan tamén ao tramo que conecta coa rúa San Francisco. Os traballos consistirán no arranxo do enlosado de pedra da estrada.

Os cidadáns poderán consultar o estado das obras e outras incidencias de tráfico a través da plataforma GISou posta en marcha polo Concello.