A primeira edición da Festa do Porco ao Espeto de Ameiro, un éxito pese á choiva

OurenseXa
A choiva desta fin de semana non impediu que os asistentes gozaran da comida e da música nesta I Festa do Porco ao Espeto que contará cunha nova edición en 2025
festa-porco-ao-espeto-amoeiro
Festa do Porco ao Espeto de Amoeiro
20 Maio 2024
O Concello de Amoeiro vén de festexar a primeira edición da Festa do Porco ao Espeto, unha cita que tivo lugar este sábado, 18 de maio, e que concluiu cunha gran acollida entre aa veciñanza pese as adversas condicións meteorolóxicas destaca fin de semana.
O organismo municipal instalou unha carpa no Campo do Souto, grazas ao cal a xornada púidose desenvolver con normalidade pese á choiva. Os asistentes non só gozaron da comida, senón tamén da música a cargo da Banda de Gaitas de Amoeiro, que foi a encargada de amenizar a xornada.
Desde o Concello de Amoeiro festexan a boa acollida desta inciativa que contará cunha segunda edición en 2025.
0.16266489028931