A Real Federación Española de Patinaxe recoñece ao Pereiro de Aguiar por acoller os Campionatos de España

OurenseXa
A presidenta do Club Roller Ourense quixo agradecer ao Concello a súa implicación na celebración dos campionatos disputados o pasado mes de xaneiro
recoñecemento-club-roller-pereiro
26 Feb 2026

A Real Federación Española de Patinaxe entregou un recoñecemento ao Concello do Pereiro de Aguiar pola súa participación na organización dos Campionatos de España celebrados no municipio no pasado mes de xaneiro.

O acto de entrega foi realizado por Olalla Bolaño, presidenta do Club Roller Ourense, entidade anfitriona e responsable da organización do campionato. En representación do Concello, recolleu a distinción Sergio, técnico de Deportes municipal.

Desde o ámbito local destacan que este recoñecemento supón un respaldo ao traballo desenvolvido para acoller unha cita deportiva de ámbito estatal e un motivo de orgullo tanto para o deporte galego como para o conxunto da provincia.

0.12360310554504