A Ruta dos Zapateiros regresa a Vilanova dos Infantes
OurenseXa
Os asistentes poderán revivir, o vindeiro 19 de outubro, o camiño que realizaban os zapateiros na Idade Media para mercar o coiro
Ruta dos Zapateiros, 2023
6 Oct 2024
A Ruta dos Zapateiros regresa o 19 de outubro cun percorrido que ten como obxectivo revivir o camiño que realizaban os zapateiros na Idade Media para mercar o coiro.
Os zapateiros de Vilanova dos Infantes percorreron durante séculos os 17 quilómetros de Camiño que unen Vilanova dos Infantes e Allariz, pasando polos concellos de Celanova, A Bola e A Merca. Agora, grazas a Asociación de Veciños Guitier Méndez, que recuperou esta tradición o pasado ano, a veciñanza poderá coñecer os lugares por este camiño tradicional e de gran valor cultural e paisaxístico.
A xornada comezará ás 9.00 horas no Museo dos Zapateiros, en Vilanova dos Infantes, e rematará no Museo do Coiro de Allariz. Ademais, haberá autobuses de volta entre Allariz e Celanova.