A subdelegación do Goberno visita a Asociación Down

OurenseXa
O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González,  realizou esta mañá unha visita institucional á asociación Down Ourense, no barrio de As Lagoas.
Down_Galicia_Dia_Educacion
Asociación Down Ourense
16 Feb 2024

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González,  realizou esta mañá unha visita institucional á asociación Down Ourense, no barrio de As Lagoas. O subdelegado mantivo un encontro coa directiva e as familias dos usuarios e usuarias para coñecer de primeira man a labor que realizar no ámbito da orientación e inserción sociolaboral, así como a atención terapéutica.

Emilio González aproveitou a visita para "agradecer e recoñecer o traballo que a asociación ven realizando coas 92 familias de ourensáns e ourensás" e que se verá incrementada sustancialmente co próximo cambio de instalacións posibilitando que desapareza a lista de espera que teñen na actualidade permitindo aumentar a súa capacidade de atención e que "beneficiará ao avance na inclusión e a atención a persoas con dispacidade na provincia."

O Subdelegado trasladoulles a aposta decidida do Goberno coa inclusión e as melloras sociais e na calidade de vida das persoas dependentes con importantes avances como a aprobación do plan estratéxico de discapacidade 2022-2030 ou a reforma constitucional.

0.15641808509827