A terceira edición do OURFEST reuniu en Expourense a preto de 2.500 persoas
A terceira edición de OUR FEST celebrouse con gran éxito o pasado sábado en Expourense, reunindo a preto de 2.500 persoas na cidade das Burgas. Un festival que un ano máis destacou polo seu impresionante cartel, combinando artistas internacionais e nacionais de renome e unha nova cita que reflectiu o crecemento e a consolidación do festival nos seus tres anos de existencia, consolidándoo como un evento de referencia na escena musical a nivel nacional.
Cun cartel coidadosamente seleccionado, o festival brindou unha paleta sonora diversa ao longo de toda unha xornada. Desde as primeiras horas da tarde, o público gozou dunha viaxe sonora que oscilou entre a enerxía e melancolía de Caballo Prieto Azabache, coa súa enerxía contaxiosa e a súa habilidade para crear himnos que oscilan entre a alegría e a melancolía. Los Enemigos, veteranos do rock español, acenderon o escenario co seu característico son cru e directo, repasando clásicos e presentando o seu último traballo “Bestieza”. A nostalxia chegou da man de Teenage Fanclub, pioneiros do power pop, envolveron á audiencia nunha atmosfera cargada de harmonías, melodías pegañentas e temas que corearon moitos dos asistentes. Miles Kane, coa súa mestura inconfundible de rock alternativo e glam, achegou un toque de estilo, e sen dúbida, foi o directo máis celebrado, mentres que Yard Act ofreceron unha explosiva actuación de post-punk, repleta de sátira e crítica social. Finalmente, Jake Bugg pechou a noite cunha combinación de éxitos consolidados e material novo, co seu estilo melódico e folk rock moderno.
A apertura estivo a cargo de Caballo Prieto Azabache. Esta banda galego-madrileña ha foi a encargada de abrir o festival coa súa enerxía contaxiosa e a súa habilidade para crear himnos que oscilan entre a alegría e a melancolía, deixando a todos en sintonía desde o inicio. Los Enemigos, veteranos do rock nacional, elevaron o ambiente co seu potente directo, repasando os grandes temas da súa traxectoria e presentando o seu álbum máis recente, Bestieza. O público coreou xunto á banda, nun setlist que lembrou os mellores momentos do rock en español e onde non faltaron himnos como “Septiembre”, “Desde el jergón” e miles de camisetas negras cantando cos brazos e puños levantados.
Teenage Fanclub, pioneiros do power pop, ofreceron un concerto cargado de nostalxia. Coas súas harmonías vocais características e unha selección de temas do seu álbum "Endless Arcade", pero tamén outros himnos da súa longa traxectoria, lograron conectar cun público que os recibiu con entusiasmo, creando un dos momentos máis emotivos e coreados da noite. Miles Kane trouxo a OUR FEST, a súa primeira actuación en Galicia, a súa carismática mestura de rock alternativo e glam, ofrecendo xunto á súa banda un show, definido por moitos asistentes como “brutal”. Temas como "Come Closer", “Inhaler” ou "Don’t Forget Who You Are" desataron a euforia, confirmando a Kane como un dos momentos máis destacados da xornada. Yard Act, con cancións como “Dream Job” seguida de ”We make hits”, ou “100% Endurance”, ofreceron un espectáculo repleto de enerxía e letras satíricas, como alumnos avantaxados do revival post-punk que acontece desde hai anos en Reino Unido.
O peche estivo a cargo de Jake Bugg, ou “o protexido de Oasis”, quen, ademais de repasar os seus éxitos, presentou algúns temas do seu próximo álbum "A Modern Day Distraction". A interpretación de “Simple as This” e “Trouble Town”, deixou ao público pampo, e clásicos como "Lightning Bolt", foi outro dos momentos máis esperados da noite doutro dos artistas que o pasado sábado pisou por primeira vez Galicia. Unha actualización que electrizó á audiencia e solidificó a súa reputación como un mestre do folk rock moderno
A terceira edición de OUR FEST 2024 non só destacou pola súa oferta musical, senón tamén polo impacto económico e cultural que xerou na cidade a pasada fin de semana. A ocupación hostaleira en Ourense alcanzou o 90%, e os restaurantes e comercios locais beneficiáronse da afluencia de visitantes que chegaron para gozar do festival e descubrir o encanto da cidade