A Torre da Homenaxe, unha fortaleza do século X no corazón de Vilanova dos Infantes

OurenseXa
Cunha altura de 19 metros e situada nunha colina no centro da vila, é a mostra da fortaleza que levantouse no lugar no século X por mandato do Conde Gutierre Menéndez
Torre de Vilanova dos Infantes
25 Ago 2024

A torre de Vilanova dos Infantes, ou torre da homenaxe, é un dos monumentos máis caractestícos desta vila medieval situada a poucos quilómetros de Celanova. 
 
Cunha altura de 19 metros e situada nunha colina no centro da vila, é a mostra da fortaleza que levantouse no lugar no século X por mandato do Conde Gutierre Menéndez. 
 
A torre presenciou ao longo da súa historia un dos momentos máis destacados da memoria de Galicia: as revoltas Irmandiñas, que remataron co seu derribo. A edificación tivo que ser reconstruída posteriormente e, no século XIX, foi sometida a unha das modificacións máis importantes cando se convertiu na sede do concello. 
 
A torre pode ser visitada de mércores a domingo entre as 11.00 e as 19 horas, e supón un dos maiores atractivos desta pequena vila medieval, perfectamente conservada, considerada un dos lugares máis bonitos da provincia de Ourense. 

0.20250511169434