A V Festa Etnográfica de Loñoá regresa a Pereiro de Aguiar
OurenseXa
A xornada contará con actividades musicais e teatrais, así como un campionato de billarda e un xantar popular
4 Ago 2024
Como cada verán, o municipio de Loñoá, no concello ourensán de Pereiro de Aguiar celebra a súa Festa Etnográfica, que este ano cumpre cinco edicións. A festa terá lugar o sábado, 4 de agosto.
O programa arrincará ás 11.00 horas da mañá cun taller de Xogos Populares e a actuación da Asociación de Gaiteiros do Irixo.
Ar xornada contará con actividades musicais e teatrais, así como un campionato de billarda e un xantar popular. Ademais, haberá dous sorteos de agasallos de artesanía para os asistentes.