A veciñanza de Celanova protagoniza a mostra 'A nosa xente'

A Casa dos Poetas acolle deste este martes, 16 de xullo, ata o 20 de agosto a exposición fotográfica 'A nosa xente' de Carlos Teijeiro.
Trátase de 40 fotografías tomadas durante varias feiras celebradas en Celanova nas que se recolle a vivencia e costumes, nestas xornadas de tanta afluencia na vila que teñen lugar cada xoves na Praza Maior.
Carlos Teijeiro é orixinario de Pontevedra, ainda que reside en Madrid. O artista mantén un estreito contacto coa provincia de Ourense, xa que pasa os veráns en Ramirás, de onde é a súa muller.