A veciñanza de Santa Ana do Pino fórmase en primeiros auxilios

O local social da Asociación de Veciños de Santa Ana do Pino, integrada na Agrupación Miño, acolleu esta semana unha xornada sobre primeiros auxilios que contou cunha ampla participación e serviu como continuación a outra celebrada en abril.
A actividade, organizada en colaboración co equipo de atención primaria do Centro de Saúde de A Ponte, abordou de forma práctica como actuar en casos de primeiros auxilios permitindo achegar as veciñas e veciños do Pino información de utilidade para a saúde. As persoas participantes puideron aprender as manobras básicas de auxilio e atragantamentos.