A Xove Orquestra Ourensanía trae as súas "Emocións sonoras" á cidade este venres
A Xove Orquestra Ourensanía, que integra a 60 membros e conta co apoio da Deputación, levará as súas "Emocions sonoras" aos municipios de Xinzo, Ourense e Ribadavia.
O Centro Cultural da Deputación de Ourense albergou este luns a presentación desta programación cultural e musical, coa presenza do vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, "unha mostra máis do apoio da Deputación á Cultura en maiúsculas, cunha orquestra caracterizada pola súa excelencia".
Na presentación participou tamén o alcalde de Xinzo, Amador Díaz; o concelleiro de Cultura deste concello, Carlos Gómez; o presidente da agrupación musical da Limia, Jaime Collazo; e o director da orquestra, José Luis Tielas.
Esta programación musical, "Emocións Sonoras", baseadas no amor -"unha mirada ás experiencias do corazón"-, desenvolverase o 4 de xullo na igrexa de Santa Mariña de Xinzo da Limia; o 5 de xullo na igrexa de Santa Eufemia de Ourense; e o 6 de xullo na igrexa de San Domingos de Ribadavia. Todos os concertos serán ás 20.30 horas