A Xunta di non a un novo parque eólico en Ourense polos seus efectos medioambientais e no patrimonio

OurenseXa
O proxecto afectaría aos concellos ourensáns de Coles, Pereiro de Aguiar, San Cristovo de Cea, Vilamarín e Ourense capital. 
Imaxe recurso de eólicos
6 Ago 2024

Este luns, o Diario Oficial de Galicia (DOG), publicaba un anuncio da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático no que se rexeitaba a autorización ao proxecto do parque eólico “Avoceta Wind”, que tiña previsto levantarse entre o municipio de Carballedo (Lugo), e os concellos ourensáns de Coles, Pereiro de Aguiar, San Cristovo de Cea, Vilamarín e Ourense capital.

O proxecto contemplaba a construción de oito aeroxeradores e as súas infraestruturas correspondentes. Sen embargo, a Xunta decidiu paralizalo tras un informe que amosaba o desfavorable impacto ambiental deste parque, que afectaría negativamente ás especies autóctonas da zona e que ademáis, afectaría tamén ao patrimionio da provincia.

0.13624382019043