A Xunta e o Concello da Bola avanzan en materia de infraestruturas

OurenseXa
A alcaldesa da Bola, María Teresa Barge, e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantiveron un encontro este xoves
xunta-alcaldesa-a-bola
9 May 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo este xoves un encontro de traballo coa alcaldesa da Bola, María Teresa Barge.

Nesta reunión, que tivo lugar hoxe en San Caetano e na que tamén participou a directora territorial da Consellería en Ourense, Pilar Fernández, a conselleira e a alcaldesa abordaron actuacións en materia de infraestruturas e vivenda, de interese para este municipio.

O Goberno galego continúa apostando pola colaboración cos concellos para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica, fixando tamén poboación no rural.

⚙ Configurar cookies
0.16058206558228