Aberto o prazo de inscrición para o Campamento de Semana Santa en A Peroxa

OurenseXa
O campamento está destinado aos menores de entre 4 e 16 anos
Campamento_ss_a_peroxa
Campamento de Semana Santa, A Peroxa
19 Mar 2024

O Concello de a Peroxa abre o prazo de inscrición para o Campamento de Semana Santa 2024, destinado aos menores de entre 4 e 16 anos.

O campamento terá lugar os días 25, 26 e 27 de marzo e o 1 de abril en horario de 9.00 a 13.00 horas.

As prazas son limitadas e poden anotarse tanto os nenos e as nenas empadreados neste Concello coma os non empadroados, inda que para os segundos a praza terá un custo de 15 euros, mentres que para os empadroados os campamentos serán totalmente de balde.

0.19733500480652