Aberto o prazo de inscrición para o Campamento de Verán de A Peroxa

OurenseXa
As actividades estarán enfocadas a nenos e nenas de entre 4 e 16 de anos e levaranse a cabo entre o  24 de xuño e o 6 de setembro
campamentos-amencer
Campamentos
17 Xuño 2024

O Concello de A Peroxa abre o prazo de inscrición para o Campamento de Verán de 2024, que terá lugar entre o 24 de xuño e o 6 de setembro en horario de 9.00 a 14.00 horas.

As actividades, que se enmarcan dentro do programa 'Concilia Verán' , estarán enfocadas a nenos e nenas de entre 4 e 16 de anos.

Para os empadroados no concello de A Peroxa a inscrición será totalmente gratuita, mentres que para os rapaces e rapazas non empadroados o prezo será de 80 euros por un mes, ou 50 euros por quincena.

0.2230749130249