Aberto o prazo de solicitudes para o programa 'Concilia Verán' no Concello da Bola

OurenseXa
Os interesados poderán solicitar a súa inscrición ata o vindeiro 28 de xuño
Concilia Verán 2024, Concello A Bola
23 Xuño 2024

O Concello de A Bola abre o prazo de solicitudes para inscribirse nas actividades do programa 'Concilia Verán', que poderán presentarse ata o vindeiro 28 de xuño.

O programa, enfocado a nenos e nenas de entre 3 e 16 ano de idade, desenvolverase durante os meses de verán en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00.

Os interesados poderán presentar as súas solicitudes a través dos teléfonos 988 451 293 e 604 037 952, así como a través da dirección de correo electrónico educacionfamiliar@concelloabola.org.

0.2157678604126