Aberto o prazo para inscribirse no II Mercado “Con M de Muller” en Celanova

OurenseXa
Será o vindeiro sábado, 8 de marzo, no Claustro Barroco de Celanova
mercado-8m-celanova
3 Mar 2025

Celanova CHEA, en colaboración coa concellería de Igualdade do Concello de Celanova, organizan o vindeiro sábado 8 de Marzo o II Mercado “Con M de Muller”, co gaio das celebracións polo Día Internacional da Muller.

O Mercado instalarase no Claustro Barroco do Mosteiro de San Salvador de Celanova entre as 10.00 e as 16.00 horas e as persoas interesadas en participar poderán inscribirse de forma gratuíta a través do teléfono 644 937 638.

A iniciativa está cofinanciada pola Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e o Goberno de España, a través do Ministerio de Igualdade.

 

⚙ Configurar cookies
0.47535681724548