Abren os Colexios Electorais en Galicia
Os galegos e as galegas poderán comezar a votar hoxe a partir das 9.00 horas, cando está previsto que abran todos os colexios electorais. As urnas pecharán ás 20.00 horas deste domingo.
A partir de esa hora, os colexios permanecerán pechados e comezará o reconto das papeletas. Os resultados coñeceranse esta mesma noite, inda que para os resultados definitivos haberá que esperar ao reconto do voto CERA.
Para garantir a seguirade dos galegos e das galegas, a Garda Civil despregará 4.178 axentes e a Policía Nacional, contando coa Unidade de Policía Adscrita, outros 2.182 axentes. Pola súa banda, os distintos corpos de policía local mobilizarán 1.004 axentes. Por provincias, na Coruña o dispositivo estará formado por 2.617 axentes (1.454 da Garda Civil, 792 de Policía Nacional e Policía adscrita e 371 da Policía Local); 1.133 na provincia de Lugo (774 da Garda Civil, 266 de Policía Nacional e Policía adscrita e 93 da Policía Local); 1.132 en Ourense (770 da Garda Civil, 267 de Policía Nacional e Policía adscrita e 95 da Policía Local), e 2.481 en Pontevedra (1.180 da Garda Civil, 857 de Policía Nacional e Policía adscrita e 445 da Policía Local).