ACADAR atendeu a 40 mulleres a través o Servizo de Inclusión e Transición ao Emprego durante 2024
A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia, ACADAR, desenvolveu ao longo de 2024 o Servizo de Inclusión e Transición ao Emprego para persoas con discapacidade, atendendo a un total de 40 mulleres en Santiago de Compostela, Lalín, O Carballiño e Ourense.
Este programa, cofinanciado pola subvención do 0,7% do IRPF 2023 da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, ten como obxectivo promover a inclusión social e laboral das mulleres con discapacidade mediante itinerarios personalizados e adaptados ás súa necesidades. Estas accións permitiron mellorar a súa autonomía persoal, a participación social e a empregabilidade.
Ademais das intervencións individuais, realizáronse actividades grupais en pequenos grupos, ofrecendo obradoiros de competencias para o emprego e formación no uso das TIC como ferramentas clave para a procura de emprego. Estas sesións non só reforzan as competencias laborais, senón que crean redes de apoio entre as participantes.
Este servizo é posible grazas á colaboración cidadá, mediante a marcación da X Solidaria (casa 106 de Fins Sociais) na Declaración da renda. Esta contribución permite o financiamento de programas destinados a persoas en risco de exclusión.