Albos volverá a lucir o ramo do San Amaro grazas a unha iniciativa veciñal
OurenseXa
Un grupo de veciños e veciñas recuperaron esta tradición que levaba máis de medio século extinta
Veciños de Albos recuperan o Ramo de San Amaro
17 Jan 2025
A parroquia de Albos, en Verea, volverá a lucir o seu ramo do San Amaro este sábado grazas a unha iniciativa veciñal que logrou recuperar esta tradición, que levaba extinta máis de medio século.
Segundo a tradición, explican dende o Concello de Verea, o ramo pasaba de ano en ano, dunha parella casadeira a outra, que eran os encargados de facer a festa. Pero co paso dos anos e coa emigración dos máis novos, sumada ao despoboamento, a tradición foise perdendo ata quedar no esquecemento durante máis de medio século.
Agora, grazas un grupo de veciñas e veciños, a localidade volverá a lucir o seu tradicional ramo por segundo ano consecutivo.