ALCER e a Asociación Diabética Auria organizan este domingo en Ourense unha andaina solidaria

OurenseXa
Baixo o nome de 'Camiños pola Saúde', o obxectivo é dar visibilidade a ambas entidades, así como recaudar fondos para o mantemento dos seus programas
cartel-andaina-alcer-auria-ourense
26 sep 2024

O vindeiro domingo 29 de setembro a cidade de Ourense acollerá unha andaina benéfica a prol das asociacións diabética Auria e ALCER Ourense que terá a súa saída ás 11 horas da Alameda de Ourense, percorrerá o río Barbaña e chegará ata Seixalbo, onde terá lugar un sorteo de agasallos. Aquelas persoas que o desexen poderán rematar a actividade alí e as que se animen poderán realizar o percorrido inverso ata volver á Alameda.

As inscricións, que teñen un coste de 5 euros, poden realizarse en calquera das dúas entidades, via bizum (mediante doazón) ou o propio día na mesa de inscricións que estará xunto ao Obispado, na praza do Bispo Cesáreo, 15 minutos antes da saída. Tamén se poden adquirir rifas por 2 euros para un sorteo que terá lugar no bar Cento 5 de Seixalbo e do que os números gañadores serán divulgados polas redes sociais de ambas asociacións e poderán ser recollidos posteriormente.

Ambas entidades esperan que esta actividade lles poida dar visibilidade fronte á cidadanía, fomentando hábitos de vida saudables e chegando a cada vez máis persoas, coa finalidade de previr estas enfermidades crónicas que cando se manifestan, non desaparecen, afectando ao seu día a día e todos os seus ámbitos de vida.

A Asociación diabética Auria é unha entidade sen ánimo de lucro que atende dende fai 22 anos ás persoas con Diabetes de tódolos perfís e as súas familias, realizando prevención, educación e acompañamento no proceso vital da patoloxía. Na entidade se coordinan Traballadora Social, enfermeiras e voluntarios para ofrecer unha resposta rápida e óptima e un seguimento axeitado dos casos. Ademais, Auria busca dar visibilidade á Diabetes divulgando sobre as súas características, as súas complicacións e sobre os hábitos de vida saudables inherentes a ela , a través de intervencións na rúa, nos centros sociais, educativos e sociosanitarios públicos e privados.

ALCER Ourense é unha entidade que leva traballando polo benestar das persoas con enfermidade renal crónica en Ourense dende o ano 1982. Na actualidade conta con Traballadoras sociais e unha Nutricionista para dar cobertura ás necesidades do colectivo.

Cartel Andaina
0.070127010345459