Alfonso Rueda e Luis Menor comprometen a execución de 12 propostas na cidade de Ourense

OurenseXa
O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, e o líder dos populares ourensáns, Luis Menor, asinaron o documento Compromiso por Ourense no que se recollen 12 propostas para a cidade
Sinatura_documento_Compromiso_pola_cidade_de_Ourense_Luis_Menor_Alfonso_Rueda
Alfonso Rueda e Luis Menor asinan o documento
14 Feb 2024

O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, e o líder dos populares ourensáns, Luis Menor, asinaron o documento Compromiso por Ourense no que se recollen 12 propostas “concretas, serias, rigorosas e realizables” para a cidade.

As medidas propostas para a capital da provincia inclúen proxectos nos ámbitos sanitario, de vivenda, servizos sociais, transporte público, mobilidade sostible, deporte, turismo e a mellora dos servizos administrativos da Xunta de Galicia.

As propostas son as seguintes:

  • Un novo Centro de Saúde en Mariñamansa, a carón do CHUO, que dará servizo aos barrios de San Francisco, Barrocás, Seixalbo e Santa Mariña e que contará con orzamento de 7 millóns de euros.
  • Un novo acceso ao CHUO desde a N-525 (Fonsillón) ata a rotonda de Mariñamansa, facilitando o acceso de ambulancias e liberando o tráfico a esa Marcelo Macías e o centro da cidade, cun ornamento de 6 millóns de euros.
  • A construcción dun novo Centro Integral de Saúde (CIS) que se construirá no edificio que acolle o actual Centro de Saúde Novoa Santos, cun orzamento de 14 millóns de euros.
  • O remate da reforma de CHUO, que inclúe un edificio de hospitalización materno infantil e a implantación de novas unidades de ICTUS e PET, cun orzamento de 50 millóns de euros.
  • A construcción de 66 vivendas de promoción pública xunto a praza de Cambedo Raia, en Mariñamansa, cun orzamento de 12 millóns de euros.
  • A construcción da Residencia de Maiores da Fundación Amancio Ortega, nos terreos da antiga estación de autobuses, cun orzamento de 10 millóns de euros.
  • A apertura inminente do Centro de Atención a Persoas con discapacidade de Ourense, cun orzamento de 10 millóns de euros.
  • Un Plan de Transporte público da Área Metropolitana de Ourense, habilitando liñas e frecuencias ás áreas empresariais de San Cibrao, Pereiro, Barreiros e ao complexo deportivo de ocio de Monterrei.
  • Completar o Plan de Sendas de Ourense coa gran senda do Barbaña, Reza e a humanización da avenida das Caldas, cun orzamento de 8 millóns de euros.
0.18622589111328