Allariz abre o prazo de inscrición para as Escolas Culturais

OurenseXa
Os interesados poderán anotarse ata o 27 de setembro na Casa da Cultura de Allariz
pintura
19 sep 2024

O Concello de Allariz abre o prazo para anotarse nas Escolas Culturais para o curso 2024-2025. Os interesados poderán anotarse ata o 27 de setembro na Casa da Cultura de Allariz.

As actividades previstas para este ano inclúen cursos de preiniciación e iniciación ao piano, linguaxe musical, música e movemento, guitarra, piano, gaita, percusión tradicional e pandeireta, todas elas destinadas a rapace e rapazas maiores de 7 anos. Ademáis, tamén haberá clases de pintura para nenos e nenas maiores de 6 anos.

0.16698098182678