Allariz acolle este venres unha nova edición da Pasarela Solidaria a favor da Asociación Española Contra o Cancro
OurenseXa
Un desfile de moda e solidariedade que arrancará ás 19.00 horas no Hotel Balneario Oca Allariz

7 May 2025
Allariz acollerá este venres unha nova edición da Pasarela Solidaria, un evento que une moda e solidariedade co obxectivo de recadar fondos para a Asociación Española Contra o Cancro en Ourense.
O desfile comezará ás 19.00 horas no Hotel Balneario Oca Allariz, e todo o recadado irá destinado á investigación e apoio ás persoas afectadas polo cancro.
Será ademais unha oportunidade de gozar da creatividade local da man do artesán Álvaro Leiro, Premio Nacional de Artesanía 2023), que será o convidado nesta edición.