Allariz apraza a Festa do Día Internacional da Familias ata o 14 de xuño

OurenseXa
Por mor das prediccións de choiva previstas para este mércores, 15 de maio, o Concello de Allariz apraza as actividades previstas polo Día Internacional das Familias ata o próximo mes
allariz-xornadas-familia-presentacion
Presentación das II Xornadas para Familias de Allariz
14 Maio 2024

O Concello de Allariz apraza a celebración da Festa do Día Internacional das Familias ata o 14 de xuño. As actividades, que estaban previstas para este mércores, 15 de maio, non se poderán realizar debido á predicción de choiva.

O Concello tiña previsto realizar un pícnic no Xardín do Fogar dos Maiores e, posteriormente, ía ter lugar o espectáculo de teatro e música para toda a familia "Déixalle ao DJ", a cargo de A Run Run, con Eva Tato e Galicia Gutiérrez.

As II Xornadas para Familias de Allariz comezaron o pasado 4 de maio baixo o lema "Con-vivencia(s): Acompañando na Crianza" e teñen como obxectivo ser "un esforzo conxunto por fortalecer os lazos familiares e promover o benestar integral das familias da comunidade".

 

0.23127007484436