Allariz arranca este xoves un Ciclo de Conferencias pola Igualdade

OurenseXa
A charla estará impartida pola escritora e investigadora Coral Herrera e forma parte da programación do Concello para conmemorar o 8M
8M-mulleres
19 Feb 2025

Este xoves, 20 de febreiro, arrancará en Allariz un Ciclo de Conferencias pola Igualdade da man da escritora e investigadora Coral Herrera, que falará sobre a ética do amor e a filosofía dos coidados.

A charla, titulada ‘Autocoidado para unha boa vida’, levarase a cabo no Fogar dos Maiores de Allariz ás 17.00 horas. Coral Herrera abordará coas asistentes as distintas formas de resolver conflitos sen dano, como coidarnos e coidar ás persoas que queremos, como facer novas amizades e fortalecer as nosas relacións de parella e familiares. Ademais, afondará en ferramentas para sufrir menos e gozar máis, aprendendo a construír unha boa vida.

0.16902303695679