Allariz convoca á mocidade para construír o 2025 cunha asemblea participativa
O Concello de Allariz organiza o encontro "Asemblea na Mocidade 2025", que terá lugar o próximo 10 de xaneiro ás 20:00 horas na Casa da Mocidade. A actividade busca fomentar a participación activa dos máis novos na planificación de actividades e propostas para o novo ano.
Entre os temas que se abordarán atópanse a programación de actividades unideiras, a creación dun espazo de lecer con xogos, a organización dun campionato de xadrez e a iniciativa "Libros Viaxeiros", que promove o intercambio de libros mediante o bookcrossing. Tamén se analizarán propostas para mellorar a competencia e comprensión en galego, a convivencia a través da explicación de novas normas, e a posibilidade de recuperar as charrúas no Entroido.
O Concello anima á mocidade a participar activamente, achegar ideas e facer do 2025 un ano máis dinámico, inclusivo e enriquecedor para todos.